No marco da conmemoración internacional realizada cada 25 de Novembro a favor da eliminación da violencia contra as mulleres, fito histórico conmemorado desde 1960, realizouse unha marcha polas principais avenidas da municipalidade de El Viejo, onde participaron ao redor de 500 persoas, mulleres e homes de diversas idades provenientes das comunidades, facendo uso do seu dereito á libre expresión e facendo incidencia cidadá a favor dunha vida libre da violencia.
Esta actividade foi impulsada baixo a lóxica organizacional de APADEIM, contando tamén co apoio técnico de Fundación Mujeres e a participación de mulleres e homes integrantes do proxecto «Prevención da Violencia de Xénero e mellora da Saúde Sexual e Reprodutiva das mulleres en 10 comunidades de El Viejo, Chinandega (Nicaragua) Fase 2«, que conta co apoio financeiro da Xunta de Galicia – Cooperación Galega.
Dentro das accións impulsadas para conmemorar esta data histórica, ademais da marcha, destacaron tamén a proxección e actos onde se visibilizaron mensaxes contra o exercicio de calquera tipo de violencia, desde unha perspectiva de prevención de violencia baseada en xénero e saúde sexual e reprodutiva. Á súa vez tamén cabe destacar a lectura de pronunciamentos públicos por mulleres empoderadas e beneficiarias do proxecto.
O colectivo de mulleres e homes tiveron a oportunidade manifestar, durante o seu traxecto na marcha e chegada ás accións cidadás, as súas apreciacións en relación á lóxica e propósito da actividade, destacándose entre outros comentarios como este: «Estamos aquí porque é un compromiso connosco mesmas e os nosos dereitos, estamos aquí para dicir que a non violencia non só se debe condenar hoxe 25 de Novembro, senón todos os días nos que a muller nicaragüense vive sumisa por unha rede de malos tratos; fagamos notar que todos os días é posible frear a agresión e a morte de miles de mulleres máis» (Muller participante da marcha, comunidade Las Chinas).
Algúns dos elementos innovadores que marcaron a marcha deste ano ten que ver coa proxección de flash mob, bailes ao estilo de comparsas e actividades artísticas rítmicas nos puntos de culminación da marcha, pronunciamentos públicos e divulgación de consignas que exaltaron o dereito a unha vida libre de violencia, lema directriz da marcha deste ano.