As accións realizadas dentro do Observatorio da Violencia Baseada en Xénero, xestionado por APADEIM no marco do proxecto “Prevención de la Violencia de Género y mejora de la Salud Sexual y Reproductiva de las mujeres en 10 comunidades de El Viejo, Chinandega (Nicaragua) Fase 2” cofinanciado pola Xunta de Galicia e executado por APADEIM e Fundación Mujeres, inclúen o rexistro e análise da información recollida por diferentes vías, así como o seguimento ás situacións de violencia que ocorren a nivel local e nacional.
De acordo cos datos recollidos dos medios de comunicación a nivel nacional e facilitados por Católicas polo Dereito a Decidir, nos primeiros tres meses do ano 2017 ocorreron 12 femicidios, dos cales dous agresores están prófugos da xustiza, soamente dous recibiron sentencia condenatoria (nos departamentos de Chinandega e Matagalpa) e os 8 restantes están enfrontando procesos. O 99% tiña relación ca vítima.
As idades das vítimas van desde os 19 a 50 años. Só en un dos casos se descoñece a idade. O 50% dos femicidios ocorreu en lugares públicos (gasolineira, parada de buses, balneario, etc.). Mentres que a outra metade dos femicidios ocorreron no domicilio da vítima.
A esta cifra súmanse 15 feminicidios en grado de tentativa.
En 2016, polo menos 49 mulleres foron vítimas de feminicidio, catro menos que o año anterior, segundo as organizacións feministas de Nicaragua. Magaly Quintana, coordinadora de Católicas polo Dereito a Decidir, cree que para o 2017 as perspectivas sobre a violencia machista no país “non son esperanzadoras, porque falta máis visibilizacion do problema por parte das institucións correspondentes, xa sexa a Policía ou o Ministerio Público”. Segundo Quintana “os niveis de impunidade vanse manter, por iso as organizacións feministas nos corresponderá seguir demandando os nosos dereitos, mentras que o Goberno deberá tomar medidas públicas más eficientes”.
A nivel comunitario, no período de xaneiro a marzo, APADEIM rexistrou 11 casos de violencia de xénero, reportados polas referentes das comunidades do municipio de El Viejo – Chinandega, a través do SAT (Sistema de Alerta Temprana).
As organizacións de Mulleres de Nicaragua están alzando as súas voces para esixir belixerancia, e acceso á xustiza, de parte das autoridades para a aplicación da Ley Integral contra a violencia cara as Mulleres e a aplicación das medidas precautelares “non cerren as portas, cumpran cas súas funcións e asuman a súa responsabilidade”.