Las Mélidas finalizan o proceso de sensibilización co persoal da PNC en Santa Ana, El Salvador

Las Mélidas finalizan o proceso de sensibilización co persoal da PNC en Santa Ana, El Salvador

A mediados de setembro levouse a cabo, na delegación centro de Santa Ana, a clausúra do proceso formativo en materia de dereitos sexuais e reprodutivos con axentes da PNC. Representantes de Las Mélidas e o equipo facilitador dos talleres, Hombres por la Igualdad, déronse cita ese día para presenciar o acto co que se pon o broche final a un proceso formativo executado satisfactoriamente.

Neste acto se graduaron 14 axentes, catro homes e 10 mulleres, quen ao longo das xornadas adquiriron coñecementos que lles axudasen tanto na súa vida laboral como cotiá.

Este proceso executouse co obxectivo de sensibilizar ao persoal da PNC para que no momento de atender denuncias dalgunha muller que require dos servizos policiais fágano coa maior calidade e calidez.

“Agradezo ás Mélidas por facilitar este proceso de capacitacións, pois nos axudará en moitos ámbitos e espero que máis axentes se involucren nestes talleres”, afirmou Maribel, a encargada da Unidade de Prevención.

Esta actividade é unha das accións executadas no marco do proxecto “Contribuíndo ao empoderamento das mulleres nos dereitos sexuais e reprodutivos e dunha vida libre de violencia no occidente do Salvador”, executado por Las Mélidas en coordinación con Fundación Mujeres e o apoio financeiro da Xunta de Galicia.