Desde Las Mélidas e outras entidades do país está a denunciarse que a Dra. Vanda Pignato está a ser outra vítima máis do sistema xudicial salvadoreño. No mes de xuño, o xuíz Quinto de Paz de San Salvador, Salomón Landaverde, ditou unha orde de captura na súa contra , acusada de desviar fondos do Estado durante a presidencia do seu marido, Mauricio Funes. Este feito forma parte da persecuciónpolítica da que está a ser vítima a Secretaria de Inclusión Social, quen loitou incasablemente por promover e defender os dereitos humanos das mulleres salvadoreñas.
Ademais, o xuíz Landaverde, non considerou a delicada situación de saúde que a Dra. Pignato afronta actualmente nomomento de ditaminar a orde.Esta acción do xuíz Quinto de Paz de San Salvador, foi cualificada como excesiva polas activistas dos movementso sociais, que cren que, polo seu delicado estado de saúde, esta orde atenta contra os dereitos humanos. Por iso, diversas organizacións manifestaron a súa solidariedade con ela, realizando mobilizacións e paróns como mostras de apoio.
Mulleres representantes de organizacións de diversos puntos do país participaron nas actividades en apoio a Pignato e fixeron un chamamento ao Fiscal Xeral da República, Douglas Meléndez, á responsabilidade e imparcialidade na súa actuación e para que se desvincule dos intereses políticos dos grupos de poder.
Un chamamento similar fíxose tamén ás persoas representantes do Sistema Xudicial, para que sexan imparciais ante a decisión emitida sobre a orde de detención, pois entenden que é un caso claro de trato discriminatorio contra as mulleres, e denuncian que non se actuou con tanta dureza por exemplo en casos soados de corrupción onde se viron involucrados Ex presidentes de AREA (Flores e Saca), nos cales se emitiron ordes máis favorables, con arresto domiciliar a algunhas daspersoas involucrados.
Las Mélidas, en compañía das lideresas de todas as zonas de traballo do proxecto “Contribuíndo ao empoderamiento das mulleres nos dereitos sexuais e reprodutivos e dunha vida libre de violencia no occidente do Salvador”, executado por Las Mélidas en coordinación con Fundación Mujeres e o apoio financeiro da Xunta de Galicia, uníronse ás mostras de sororidade coa Dra. Pignato, reafirmando a súa loita en defensa dos dereitos humanos de todas as mulleres.