Fundación Mujeres visita a Las Mélidas en El Salvador para o seguimiento dos proxectos que desenvolven conjuntamente

Fundación Mujeres visita a Las Mélidas en El Salvador para o seguimiento dos proxectos que desenvolven conjuntamente

No marco das accións realizadas dentro do proxecto «Contribuyendo al empoderamiento de las mujeres en los derechos sexuales y reproductivos y de una vida libre de violencia en el occidente de El Salvador«, executado por Las Mélidas, en coordinación con Fundación Mujeres e o apoio financeiro da Xunta de Galicia, Rocío Hernández, técnica de proxectos de xénero e cooperación de Fundación Mujeres, visitou as instalacións de Las Mélidas para levar a cabo o seguimiento in situ, e a avaliación dos primeiros meses do proxecto en ejecución, concluíndo que se están levando a cabo cambios significativos tanto nas mulleres como nos homes participantes no proxecto.

A representante de Fundación Mujeres coñeceu ao equipo técnico encargado de desenvolver todas as actividades coas mulleres, institucións e demais actores sociais nos territorios. Ademais tívose a oportunidade de compartir as experiencias, dar a coñecer os logros e as dificultades suscitadas no territorio e de como se sentiron ao longo da ejecución dos proxectos.

Neste momento estanse desenvolvendo tres proxectos de xeito conxunto, sendo un deles o mencionado anteriormente.

As reunións de equipo mantidas tiveron como obxectivo dar seguimiento ás actividades realizadas ata a data, recoller documentación necesaria para a xustificación da primeira anualidad do proxecto, así como realizar a programación dos tres próximos meses. Ademais coincidiu a visita coa movilización polo día da non violencia contra as mulleres, na que a representante de Fundación Mujeres tivo a oportunidade de participar e compartir a experiencia con algunhas das lideresas participantes do proxecto.

Todas estas intervencións teñen o obxectivo de empoderar ás mulleres, para que poidan ter unha vida libre de violencia e que coñezan os seus dereitos para o goce dunha vida plena.

Con esta visita estréitanse os lazos sororarios entre ambas institucións e ratifícase o traballo en conxunto para o benestar das mulleres de El Salvador.