Mulleres da comunidade de El Congo asisten ao seu proceso formativo en saúde sexual e reprodutiva

Mulleres da comunidade de El Congo asisten ao seu proceso formativo en saúde sexual e reprodutiva

No marco do proxecto “Prevención de la Violencia de Género y mejora de la Salud Sexual y Reproductiva de las mujeres en 10 comunidades de El Viejo, Chinandega (Nicaragua) Fase 2”, cofinanciado pola Xunta de Galicia e executado por APADEIM e Fundación Mujeres, desenvolveuse, na   comunidade O Congo, o taller: “Definicións introductorias: Que son os DDHH e os  Dereitos relacionados á Saúde. Que significa ser suxeita de dereitos?”, contando coa participación de cinco mulleres beneficiarias. O obxectivo desta formación é o de Realizar unha reflexión sobre o marco de dereitos humanos e os relacionados coa saúde.

Con esta rolda dáse inicio ao módulo II do proceso de formación en saúde sexual e reprodutiva. Como é habitual, empézase a sesión cunha dinámica de integración, procurando crear un ambiente de harmonía e confianza onde as compañeiras poidan sentirse libres para participar e expresarse. Posteriormente, danse a coñecer os obxectivos e desenvólvese o tema facendo uso dunha metodoloxía lúdica e unha linguaxe sinxela, para facilitar a comprensión dos contidos a traballar.Durante a sesión as mulleres foron moi participativas, logrando expor todas as súas dúbidas e comentarios, así como a súa experiencia persoal, as vivencias e os cambios que esperan lograr con este proceso formativo.

A continuación, plásmanse algunhas das reflexións que as participantes puxeron en común:

“Yo sé que tenemos derechos, pero la verdad este tema de los derechos humanos no es algo que se toque a diario, hablamos de otros temas a veces, pero me ha dejado con dudas y ganas de querer saber más”

“Nuestra salud es un derecho humano, el estar sanas, el que nos atiendan, pero nosotras a veces no lo exigimos”

“Yo creo que al gobierno no le interesa que nosotras nos apropiemos de nuestros derechos, si no es por organismos como APADEIM que nos da información valiosa, nosotras seguimos creyendo en cosas que no existen o son mentiras”