Finalizan as actividades do primeiro ano do proxecto “Prevención de la Violencia de Género y mejora de la Salud Sexual y Reproductiva de las mujeres en 10 comunidades de El Viejo, Chinandega (Nicaragua) Fase II”

Finalizan as actividades do primeiro ano do proxecto “Prevención de la Violencia de Género y mejora de la Salud Sexual y Reproductiva de las mujeres en 10 comunidades de El Viejo, Chinandega (Nicaragua) Fase II”

Neste primeiro ano do proxecto “Prevención de la Violencia de Género y mejora de la Salud Sexual y Reproductiva de las mujeres en 10 comunidades de El Viejo, Chinandega (Nicaragua) Fase II”, cofinanciado pola Xunta de Galicia e promovido por APADEIM e Fundación Mujeres, leváronse a cabo numerosas actividades relativas ao resultado 1 e ao resultado 2 previstos no proxecto, coas mulleres e homes das comunidades rurais de El Viejo.

A continuación detállanse as actividades realizadas por resultado:


Resultado 1: Fortalecida a capacidade de conciencia crítica de xénero, facendo énfase en facendo énfase na saúde sexual e reprodutiva e empoderamiento persoal das mulleres do proxecto.

  • Impartíronse os 6 primeiros talleres dos previstos no programa formativo do ?Curso en Saúde Sexual e Reprodutiva con enfoque de Xénero e Dereitos?, participando unha media de 66 mulleres por taller. As temáticas abordadas nas formacións foron, entre outras: Autoestima, autoimagen e identidade feminina; Asertividad e dereitos asertivos; amor e relacións de parella; toma de decisións, proxecto vital; DDHH e os Dereitos relacionados á Saúde; Dereitos Sexuais e Reprodutivos; Saúde Sexual e Reprodutiva; Sistema reprodutor feminino e a súa funcionalidade. Disfuncións sexuais e problemas de saúde conexos. Todos estes temas foron abordados desde un enfoque de dereitos humanos e de xénero.
  • 97 mulleres foron pasado pola consulta das Xochilt Acalt para recibir a atención médico -xinecolóxica correspondente e, en caso de necesidade, recibir o tratamento oportuno. A valoración sobre os recoñecementos e a atención recibida é moi positiva.
  • Realizouse o Encontro intercomunitario anual baixo a temática «Os meus dereitos na maternidade», no que participaron 43 mulleres das diferentes comunidades. Durante este encontro as mulleres manifestaron a importancia de reflexionar sobre a construción social da maternidade e como lles afecta nas súas vidas, enfocándose nos dereitos das mulleres en relación á maternidade.

Resultado 2: Fortalecidos os coñecementos relacionados con violencia de xénero e Saúde Sexual e Reprodutiva dos homes que comparten o fogar coas mulleres do grupo meta do proxecto.

  • Impartíronse os 6 primeiros talleres dos previstos no programa formativo do ?Curso en Masculinidad e a Saúde Sexual e Reprodutiva?, participando unha media de 48 homes por taller. As temáticas abordadas nas formacións foron, entre outras: mitos e crenzas acerca da sexualidade masculina; DDHH e Dereitos relacionados coa Saúde; Dereitos Sexuais e Reprodutivos de mulleres e homes; Saúde Sexual e Reprodutiva; homofobia e misoxinia; Responsabilidades paternas. Todos estes temas foron abordados desde un enfoque de dereitos humanos e de xénero.
  • Realizouse o Encontro intercomunitario anual baixo a temática «Os homes e a paternidade», no que participaron 40 homes das diferentes comunidades. Un dos resultados destacables do encontro foi o compromiso asumido polos homes en relación ao exercicio dunha paternidade máis responsable e afectiva.

Ademais, tanto con homes e mulleres realizáronse, ao longo do ano, varios talleres de reforzo formativo, así como dous grupos focales de seguimento, onde se aproveitou para facer a avaliación da intervención realizada nesta primeira anualidade do proxecto de FASE II.

A valoración xeral destes case 9 meses de proxecto foi moi positiva. Tanto as mulleres como os homes participantes no proxecto manifestaron a necesidade de seguir participando nas actividades e puxeron de manifesto a importancia do exercicio dunha sexualidade responsable e unha vida libre de violencia cara ás mulleres.