Finalizan as actividades do primeiro ano do proxecto “Mulleres salvadoreñas avanzando cara ao cumprimento dos dereitos sexuais e reprodutivos e dunha vida libre de violencia”

Finalizan as actividades do primeiro ano do proxecto “Mulleres salvadoreñas avanzando cara ao cumprimento dos dereitos sexuais e reprodutivos e dunha vida libre de violencia”

Ao longo deste primeiro ano do proxecto “Mulleres salvadoreñas avanzando cara ao cumprimento dos dereitos sexuais e reprodutivos e dunha vida libre de violencia”, cofinanciado pola Xunta de Galicia e promovido por Las Mélidas e Fundación Mujeres, leváronse a cabo numerosas actividades correspondentes ao tres resultados previstos.

A continuación detállanse as actividades realizadas por resultado durante este período, comprendido entre os meses de xuño a decembro de 2018:

Resultado 1: Fortalecidas as capacidades de mulleres e homes para a articulación e incidencia política e en dereitos sexuais e reprodutivos e prevención da violencia contra as mulleres nas Rexións: de Occidente, Central e Paracentral (O Salvador). 

  • Impartíronse os 3 primeiros talleres do plan formativo dereitos sexuais e reprodutivos e participación política das mulleres, cunha participación media de 44 mulleres (80,9%) pertencentes ás asociacións de mulleres das 3 zonas de traballo das Mélidas, zona central, paracentral e occidente. As temáticas abordadas nas formacións versaron sobre saúde sexual e autoconocimiento, dereitos sexuais e reprodutivos, amor romántico e violencia de xénero”.Estas sesións, abordadas desde un enfoquede dereitos humanos e de xénero, foron facilitadas por persoal técnico das Mélidas e de Fundación Mulleres.
  • Realizouse a formación completa sobre masculinidad, dereitos sexuais e reprodutivos, 5 talleres en masculinidades, a un dos grupos de homes novos cunha media de participación de 15 persoas. Este grupo é da zona occidental e dá continuidade ao proceso formativo iniciado no proxecto de Xunta 2017-18. Ademais, como parte do proceso, os mozos elaboraron o contido dunha minicampaña que se executou durante 15 días de activismo en redes sociais (Facebook e twitter), promocionando mensaxes en contra das expresións de violencia contra as mulleres.

Resultado 2: Fortalecida a Rede de Mulleres a nivel municipal e nacional para a incidencia política.

  • Fortaleceuse  a Rede de mulleres das asociacións a través de 2 xornadas, nas cales participaron 52 mulleres en total (cunha media de participación 42 mulleres por sesión). Durante as xornadas levou a cabo a actualización do plan estratéxico e plan operativo da Rede. A rede está conformada polas distintas asociacións organizadas polas Mélidas a nivel das zonas de traballo (occidente, central e paracentral).

Resultado 3: Impulsadas accións de sensibilización e promoción de liderados das mulleres organizadas na Rede de Mulleres, como protagonistas da transformación política e social.

  • Xeráronse  espazos de intercambio e articulación entre 5 organizacións feministas que permitiron coñecer e recoñecer o problema da vulneración dos dereitos sexuais e reprodutivos, a violencia contra a muller. Ademais, desenvolveuse unha primeira acción conxunta elaborando un pronunciamiento no marco do día internacional contra a violencia de xénero.
  • 360 persoas (353 mulleres e 7 homes) participaron na marcha nacional no día conmemorativo da non violencia cara ás mulleres. O  obxectivo da marcha foi denunciar a violencia contra as mulleres, os feminicidios e facer un chamado ás institucións do Estado para que garantan a erradicación da violencia contra as mulleres.

A valoración xeral desta primeira anualidade de proxecto foi moi positiva. A segunda anualidade iniciarase en xaneiro de 2019 na que se dará continuidade ás actividades realizadas nesta etapa, ademais de desenvolver outras actividades previstas para continuar avanzando cara ao cumprimento dos dereitos sexuais e reprodutivos e dunha vida libre de violencia.