Neste primeiro ano do proxecto “Contribuíndo ao empoderamiento das mulleres nos dereitos sexuais e reprodutivos e dunha vida libre de violencia no Occidente do Salvador”, cofinanciado pola Xunta de Galicia e promovido por Las Mélidas e Fundación Mujeres, levaronse a cabo todas as actividades previstas permitindo facer un peche exitoso do mesmo.
A continuación detállanse algúns dos logros conseguidos desde a posta en marcha do proxecto:
Resultado 1: Mulleres organizadas dos 6 municipios fortaleceron as súas capacidades para incidir en accións políticas a nivel municipal ou comunitario en materia de dereitos sexuais, dereitos reprodutivos e dereito a unha vida libre de violencia para as mulleres.
- Impartíronse os 5 talleres previstos do plan formativo sobre dereitos sexuais e reprodutivos atención en crise de casos de violencia contra as mulleres (VCM), participando unha media de 22 mulleres adultas e 26 mozos por taller. As temáticas abordadas nas formacións versaron sobre a historia do movemento feminista no Salvador, a autonomía das mulleres, sexualidade, dereitos sexuais e reprodutivos e mitos do amor romántico. Estes temas foron abordados desde un enfoque de dereitos humanos e de xénero.
- 5 talleres do proceso de sensibilización en masculinidades previsto paraos homes acompañantes das lideresas beneficiarias do proxecto, participando unha media de 17 homes por taller. As temáticas abordadas nas formacións foron a construción social do xénero, paternidades responsables, violencia de xénero ou masculinidades alternativas, entre outras.
- Leváronse a cabo os 2 talleres de curtametraxes previstas, con 4 sesións cada un, desenvolvidos por persoal especializado en creación de audiovisuais. No desenvolvemento destes talleres contouse coa participación de 30 persoas. Ademais, na segunda anualidade levaron a cabo 4 videoforos coa PNC para presentar os curtos elaborados.
- Tamén se realizaron dúas mobilizacións en torno ao 25 de novembro, unha por anualidade, na que se involucrou ás mulleres e homes que participaron nos procesos de formación así como outras persoas das súas comunidades, co obxectivo de incidir ante a AsembleaLexislativa pola despenalización das 4 causales do aborto e pola aplicación da lei especial integral para unha vida libre de violencia contra as mulleres.
Resultado 2: Fortalecidas as capacidades de atención e/ou acompañamentos dos Comités de Prevención de VCM a nivel comunitario e bríndanse atención emocional e xurídica primaria a mulleres que enfrontan violencia.
- Desenvolvéronse as sesións de presentación e elaboración dos mapas de risco nos municipios de Atiquizaya, Ataco e Sonsonate. Ademais realizáronse sesións de seguimento aos Comités de Prevención de Violencia de Santa Ana, Izalco e San Lorenzo, tres por cada municipio.
- Na segunda anualidade, ofreceuse atención psicolóxica e xurídica a mulleres que enfrontan violacións aos seus dereitos, chegando a brindar atención a máis de 160 mulleres segundo a súa necesidade.
Resultado 3: Impulsadas accións de sensibilización e formación coa Policía Nacional Civil (PNC) en materia de dereitos sexuais e reprodutivos e para que incorporen a atención especializada nos casos de VCM.
- Realizáronse coordinacións coa Policía Nacional Civil (PNC) para traballar a mellora da atención cara a mulleres vítimas de violencia, levándose tamén a cabo o proceso formativo en prevención de violencia e atención especializada a casos de VCM coa PNC.
- Realizouse unha campaña en materia de dereitos sexuais e reprodutivos e dereito a unha vida libre de violencia para as mullerespara promover unha atención integral ás mulleres que utilizan os servizos da PNC en casos de violencia contra as mulleres.
- Leváronse a cabo 4 talleres sensibilización impartidos por axentesda PNC a escolares en centros educativos.
- Realizáronse 3 foros para presentar á PNC e os Consellos Municipais os resultados dos mapas de risco da VCM dos seus municipios para contribuír ao cumprimento dos dereitos a unha vida libre de violencia para as mulleres.
A valoración xeral de este proxecto foi moi positiva. Tivo un impacto real na vida das mulleres, as cales se han empoderado nos seus dereitos e creáronse vínculos con instancias públicas relevantes. Tanto as mulleres como os homes participantes no proxecto manifestaron a necesidade e o interese de seguir participando nas actividades e continuar formándose.
Por outra banda, as propias instancias públicas tomaron consciencia das súas carencias e mostraron a súa apertura a cambiar e a formarse. Con todo iso contribuíuse notablemente a mellorar a situación de violencia que as mulleres de todas as idades viven no Occidente do Salvador e sentado as bases para continuar traballando noutros proxectos de face á consecución dunha vida libre de violencia para as mulleres salvadoreñas.