Como parte das accións formativas realizadas no marco do proxecto “Prevención de la Violencia de Género y mejora en la Salud Sexual y Reproductiva de las mujeres en 10 comunidades de El Viejo – Chinandega (Nicaragua) Fase 2” cofinanciado por la Xunta de Galicia y ejecutado por APADEIM y Fundación Mujeres, realizáronse é este mes de maio os encontros intercomunitarios previstos. Realizáronse dous, un con mulleres e outro con homes. O encontro cos homes do grupo meta, baixo o título «Homes e a Saúde Sexual e Reprodutiva», centrouse en reflexionar sobre os roles masculinos e a importancia de implementar accións de coidado e autocuidado da súa saúde sexual e reprodutiva, así como o respecto dos dereitos das mulleres a decidir sobre a súa vida e o seu corpo.
Así mesmo, coas mulleres realizouse outro encontro que levaba por título «A miña vida, a miña saúde, os meus dereitos», co obxectivo de motivalas para que identifiquen factores de risco que deter¬minan o seu acceso á saúde sexual e reprodutiva e o cam¬bio necesario de comportamentos, contando coa información precisa, para romper cos mitos e pre¬jui¬cios que existen respecto da sexualidade, transmisión de ITS e VIH sida.
Entre os aspectos abordados en ambos os encontros en relación ao exercicio da súa saúde sexual e reprodutiva, durante o intercambio de ideas, aproveitouse para reflexionar sobre o «Día Internacional de Acción pola Saúde da Muller» que se conmemora cada 28 de maio, así como sobre o decreto emitido polas mulleres integrantes da Rede Mundial de Mujeres polos Dereitos Sexuais Reprodutivos no ano de 1987 en Costa Rica. Dita conmemoración ten como eixo directriz reafirmar o dereito universal e óptimo ao acceso á saúde en xeral e de carácter específico á saúde sexual e reprodutiva.
As reflexións realizadas por parte de mulleres e homes serviron como punto de debate e análise durante os respectivos encontros.
Durante o desenvolvemento das actividades nos encontros, as mulleres e os homes manifestaron o seu dereito ao acceso á saúde e a unha atención digna e eficaz para protexer as súas vidas. En palabras dunha das mulleres participantes do encontro: «É importante coñecer os nosos dereitos e saber que como mulleres debemos coidarnos porque cando descoidamos a nosa saúde, descoidamos as nosas vidas, é necesario protexernos como mulleres que somos; ninguén mellor que nós para coidarnos» (Muller participante do Encontro Intercomunitario, maio 2017).
Durante os encontros intercomunitarios con homes as reflexións foron dirixidas principalmente cara ás oportunidades e limitacións que eles adoitan manifestar á hora de falar do seu coidado e o coidado dirixido á saúde das mulleres, tal e como recollen algunhas das propias opinións dos participantes: «Moitos homes cremos que as nosas accións non van afectar a ninguén o día de mañá, vivimos pensando que podemos facer o que queiramos, actuamos de forma egoísta, pero debemos analizar as cousas e entender que a quen máis podemos afectar é a quen, segundo nos mesmos, prometemos coidar?. (Home participante do Encontro Intercomunitario, maio 2017).
Atender á corresponsabilidade no fogar, planificación familiar e respecto á integridade sexual da parella son aspectos craves na contribución ás relacións sas e afectivas entre homes e mulleres no exercicio dunha sexualidade responsable, sen riscos e sen repercusións negativas para o seu benestar integral.