Elaboración do Boletín Informativo trimestral do Observatorio da Violencia Baseada en Xénero e Saúde Sexual e Reprodutiva, en El Viejo, Nicaragua.

Elaboración do Boletín Informativo trimestral do Observatorio da Violencia Baseada en Xénero e Saúde Sexual e Reprodutiva, en El Viejo, Nicaragua.

No marco do proxecto “Prevención de la Violencia de Género y mejora de la Salud Sexual y Reproductiva de las mujeres en 10 comunidades de El Viejo, Chinandega (Nicaragua) Fase 2«, cofinanciado pola Xunta de Galicia e executado por APADEIM e a Fundación Mujeres, elaboránse os Boletíns Informativos do Observatorio da Violencia Baseada en Xénero. Actualmente, encóntrase en proceso de elaboración o boletín informativo trimestral sobre VBG e SSR, relativo ao período entre xaneiro e marzo de 2017, co obxectivo de visibilizar a situación da violencia que viven as mulleres e a necesidade de involucrar aos distintos actores na implementación de accións de prevención.

Cabe mencionar que na actualidade non existe por parte das institucións garantes dos dereitos das mulleres a divulgación de datos oficiais. Prácticamente non existen relacións de coordinación entre as institucións do estado e as organizacións da sociedade civil e as comisións intersectoriais que había desmanteláronse, polo tanto, non temos sequera a posibilidade de discutir co Estado cando se require dunha intervención, o que dificulta o coñecemento real da situación de VBG e, por tanto, a implementación de accións de prevención e a incidencia para o establecemento de políticas públicas a favor das mulleres.

É importante sinalar que a elaboración deste boletín informativo é posible, en parte, gracias ao esforzo e empeño das mulleres enlaces das comunidades onde ten intervención o proxecto, xa que elas identifican, rexistran e dan seguimento aos feitos de violencia que ocorren nas súas comunidades, ademais  de participar nas reunións comunitarias organizativas e reflexivas, e de ser parte integral das mesas de traballo para o análise dos datos estatísticos en conxunto con organizacións da sociedade civil e institucións públicas a quen expoñen as súas demandas.