No marco das accións realizadas dentro do proxecto “Prevención de la Violencia de Género y mejora de la Salud Sexual y Reproductiva de las mujeres en 10 comunidades de El Viejo, Chinandega (Nicaragua) Fase 2”, cofinanciado pola Xunta de Galicia e executado por APADEIM e Fundación Mujeres, procedeuse á distribución de preservativos a grupos de homes das distintas comunidades do Vello, de face a contribuír ao uso idóneo deste método para a prevención de embarazos non desexados e ITS – VIH.
Nos procesos formativos que levan a cabo cos grupos de homes faise moito fincapé no uso adecuado dos métodos de planificación familiar, aumentando así a demanda, por parte dos homes, para ter un maior acceso a estes métodos, especificamente aos preservativos: «É difícil ter acceso aos preservativos, aquí non existe un centro de saúde e o persoal do MINSA case nunca vén, entón iso fai que nós de cando en cando teñamos preservativos á man«.
As limitacións que existen en relación á obtención dos preservativos nos contextos comunitarios é soamente un dos indicadores que evidencian a falta de uso deste método de barreira como unha alternativa eficiente de previr a posibilidade de adquirir as ITS – VIH ou embarazos non desexados. Mentres se realizaba a distribución dos preservativos, o grupo de homes narraban experiencias propias e doutras persoas que viran afectada a súa saúde ou as súas mulleres quedaran embarazadas por non usar ningún método de prevención: «Ensináronnos que ao ser homes dunha soa muller, non temos por que usar os condóns, pero sendo realista as enfermidades non só teñen que ver con ter outras mulleres senón tamén pola falta de coido e hixiene que algúns de nós temos«.
A revisión de prácticas e actitudes asociadas á saúde sexual e reprodutiva por parte dos homes do grupo meta debe ser un exercicio constante e transversal nos procesos formativos, sobre todo no relativo a interiorizar prácticas como o uso de preservativos, as cales implican romper cos tabús transmitidos a nivel social e relixioso, polos que existe unha sanción moral e social para quen fan uso destes métodos. Por iso, o interese e demanda destes métodos é un indicador de cambio e empoderamiento masculino en relación ao coidado da saúde sexual e reprodutiva tanto das súas parellas e como propia.