A través dos talleres formativos do curso de xénero e dereitos humanos que se está impartindo en 10 comunidades rurais de El Viejo (Nicaragua), no marco do proxecto “Prevención de la Violencia de Género y mejora de la Salud Sexual y Reproductiva de las mujeres en 10 comunidades de El Viejo, Chinandega (Nicaragua) Fase 2”, cofinanciado pola Xunta de Galicia e executado por APADEIM e Fundación Mujeres, promoveuse que as mulleres sentanse como parte activa na toma de decisións no referinte a súa vida e, concretamente, a súa saúde sexual e reproductiva, así como na identificación e prevención de riscos. Elas mesmas comentaron que, como amas de casa, atópanse en maior risco e identifican a importancia de compartir e asumir decisións no exercicio dunha sexualidade responsable coas súas parellas.
O uso dos preservativos na vida sexual das mulleres das comunidades de intervención representa unha necesidade para favorecer a planificación familiar e a prevención de enfermidades de transmisión sexual.
Durante o proceso de distribución dos preservativos xa se puido observar un cambio de actitude por parte das mulleres ante as ideas previas que tiñan sobre utilizar este método de barreira. A evidencia indica que se fixeron conscientes da importancia de priorizar a súa saúde, máis aló dos tabús sociais que limitan o exercicio dunha vida sexual segura e responsable.