Nos obradoiros impartidos no marco do proxecto Servizo de Apoio Integral a Coidadoras no Medio Rural, executado por Fundación Mujeres e cofinanciado pola Deputación da Coruña, as mulleres participantes aprenderon a diferenciar entre emocións e sentimentos, identificar a propia linguaxe corporal ao manifestar as súas emocións, buscando o significado e a intención positiva de cada unha delas e, por último, tratar de xestionalas a través do autocoñecemento.
Sabemos que a situación dos coidados conleva un alto grado de estrés, manifestándose a través de pensamentos negativos, rabia, irritabilidade, tristeza, culpabilidade, angustia, soidade, dificultades para concentrarse… por iso dende o proxecto Cuidadanas adicamos varias xornadas para traballar a importancia dos nosos pensamentos e das nosas emocións, dando unha serie de pautas e técnicas moi fáciles de apricares na nosa vida cotiá.
Outros temas que traballamos é o das relacións afectivas, o chantaxe emocional e falamos tamén da historia do Feminismo, recordando as mulleres da nosa vida.
Dende o comezo destes talleres, as mulleres integrantes mostráronse moi unidas, participativas e con ganas de asistires a tódalas xuntanzas para seguir aprendendo e contrastando as diversas opinións e maneiras de facer.
Todas elas pediron que se repetiran estes talleres, xa que lles axudaban, entre outras cousas, a mellorar o seu estado de ánimo.