Esta semana iniciamos unha nova temática co grupo de mulleres participantes nos obradoiros formativos do Servizo de Apoio Integral a Coidadoras no medio Rural, programa executado por Fundación Mujeres e cofinanciado pola Deputación da Coruña. A pregunta que nos facemos ao longo destas sesións é si de verdade o reparto das tarefas de coidados é equitativo e se somos conscientes da carga das responsabilidades que asumimos.
Unha vez que profundizamos nestas cuestións, entramos no debate de si sabemos pedir axudar e de si sabemos delegar, no caso de poder facelo. Na inmensa maoría dos casos as respostas son negativas. As explicacións que se escoitan son tales coma “eu fixen sempre estas tarefas e é algo que non te prantexas que poida cambiar” “foi toda a vida así para mín” “ninguén me ensinou pero dende pequena xa axudei a miña nai” “non pido axuda porque é un traballo moi duro e non quero implicar os meus fillos”…
Todo este tipo de reflexións son as que lles fan ser conscientes das súas situacións, e comparando entre todas os seus casos, chegan a conclusión de que se teñen que empoderar e millorar a súa autoestima para alixeirarse da carga mental e física que implica estar ao coidado unha persoa dependente.