No marco do proxecto “Prevención de la Violencia de Género y mejora de la Salud Sexual y Reproductiva de las mujeres en 10 comunidades de El Viejo, Chinandega (Nicaragua) Fase 2”, cofinanciado por la Xunta de Galicia y ejecutado por APADEIM y Fundación Mujeres, leváronse a cabo os talleres do III Módulo formativo do Curso «Masculinidades e saúde sexual e reprodutiva», relacionados coa importancia da prevención das ITS, así como a responsabilidade no exercicio da sexualidade por parte dos homes.
A información, e análise posterior, ofrecida nestes talleres estivo relacionada cos tipos de Infeccións de Transmisión Sexual (ITS, VIH), e sobre a impor-tancia que ten previr as mesmas. No proceso de formación o grupo de homes centrou as súas reflexións nas repercusións negativas que ten para as súas vidas e a das súas parellas o exercicio dunha sexualidade promiscua e irresponsable.
«Moitas veces hacemos as cousas porque sentimos obrigados, por darlle gusto aos demais non nos coidamos e non perdoamos nada, porque se non nos aventamos coas mulleres deixamos de ser homes»
Sentir que toman as súas propias decisións de face a satisfacer as súas propias expectativas sen necesidade de exporse a algún tipo de perigo é un dos comentarios máis repetidos nos grupos que recibiron esta formación.
«Como homes pensamos que por ser homes podemos coidarnos de todo, que nada nos afecta, pero non é certo, un nunca sabe cando e con quen nos pode chegar a pasar algo, todo é un perigo ao cal nós mesmos nos chegamos a expor»
Coñecer as cifras oficiais da última década en relación aos índices de casos de VIH identificados no territorio nacional, foi un dos aspectos que propiciou unha reflexión máis activa por parte do grupo de participantes nos talleres, debatendo sobre os datos reflectidos e o aumento dos mesmos desde o ano 2010 ao 2016.
«Os números non son enganosos, iso é o que hai porque se permitiu chegar a ese punto, iso indica que este tipo de charlas son moi necesarias para cambiar ese pensar que pode ata custar a vida»
Outro dos aspectos de maior reflexión foi a localización xeográfica ou zonas departamentais de menor, mediana e maior afluencia de VIH, sendo o máis afectado, a zona departamental de Chinandega.
Achegar á reflexión grupal en relación á toma de accións preventivas cara ás ITS, VIH, son parte dos eixos directrices dos contidos correspondentes a este módulo, así como tamén se aposta a que os referentes afectivos comprendan a incidencia que as súas accións poden ter no seo da parella e familia.