Despois de máis de 10 anos en prisión, o 15 de febreiro de 2018, Teodora Vásquez recobrou a súa liberdade grazas a unha conmutación da pena realizada pola CSJ. Organizacións da sociedade civil, así como representantes de organismos internacionais recomendaron, en diferentes ocasións, ao goberno do Salvador revisar as leis que “regulan” o aborto, xa que ten desde 1997 ten unha das leis máis severas para as mulleres que aborten e para quen as asistan.
No mes de novembro de 2017, Nacións Unidas pediu ás autoridades do Salvador a revisión dos casos de mulleres que cumpren longas penas por provocarse aborto, xa que estes delitos reciben a tipificación de homicidios agravados.
Teodora Vásquez é unha das caras visibles da inxustiza na sociedade salvadoreña en contra das mulleres, foi condenada a 30 anos de prisión en 2008, logo de que a muller sufrise un parto inadecuado que terminou coa morte do seu bebé. O feito foi cualificado pola fiscalía como un homicidio agravado.
Actualmente, unhas 27 mulleres cumpren penas de entre 6 e 35 anos polo delito de homicidio agravado vinculado ao aborto. En decembro de 2017, o Tribunal Segundo de Sentenza de San Salvador confirmou a pena de 30 anos a Teodora, a cal lle foi conmutada o pasado 15 de febreiro.
Teodora está libre, pero ten claro o seu compromiso coas mulleres que aínda están privadas de liberdade pola mesma causa: «Eu vou traballar, a loitar por que outras mulleres que foron condenadas inxustamente, por casos como o meu, poidan un día recobrar a súa liberdade», dixo Vásquez á prensa, mentres os activistas de organismos defensores de dereitos das mulleres gritaban: «Teodora non está soa, estamos as defensoras».
Tras deixar a prisión, a muller emprendeu camiño cara á súa casa nos arredores da cidade de Tacuba, no occidental departamento de Ahuachapán.
El Salvador segue sendo, xunto a Nicaragua, Honduras, Haití, Surinam, Andorra e Malta, un dos poucos países do mundo que manteñen unha prohibición absoluta do aborto.
O tema da despenalización do aborto é unha tarefa de concienciación que se realiza como parte dos procesos de formación realizados no marco do proxecto “Contribuíndo ao empoderamiento das mulleres nos dereitos sexuais e reprodutivos e dunha vida libre de violencia no occidente de El Salvador«, executado por Las Mélidas en coordinación con Fundación Mujeres e o apoio financeiro da Xunta de Galicia.