Concluimos o ciclo de obradoiros do SAIC Rural no Concello de Abegondo

Concluimos o ciclo de obradoiros do SAIC Rural no Concello de Abegondo

Co grupo de coidaoras que participaron no concello de Abegondo no Servizo de Apoio Integral a Coidadoras no medio rural, executado por Fundación Mujeres e cofinanciado pola Deputación Da Coruña, traballaronse temas coma a xestión emocional, habilidades comunicativas e a corresponsabilidade nos coidados.

Nestes talleres, que tiveron unha duración total de 22 horas, traballamos contidos moi importantes para as coidadoras á hora de relacionarse con outras persoas así como para previr e resolver situación difíciles.

Afondamos especialmente en temas coma o sentimento de culpa, tan acusado entre tódalas participantes por sufrilo en tódolos aspectos da súa vida, e o chantaxe emocional, para aprender a detectalo e ser consciente de que se pode por freo con constancia.

O ambiente que acadamos de confianza fixo que todas nós encontrásemos un espazo no que poder expresar os nosos pensamentos e sentimentos sen ataduras. O resultado destas xuntanzas foi tan positivo que quedan a espera de repetir para a próxima tempada e coa ilusión de tratar novos temas tan interesantes e prácticos para o seu día a día.

Foron dous meses e medio nos que compartimos experiencias, vivenzas e recordos con total liberdade.