Comeza a avaliación final do proxecto“Contribuíndo ao empoderamiento das mulleres nos dereitos sexuais e reprodutivos e dunha vida libre de violencia no Occidente de El Salvador”

Comeza a avaliación final do proxecto“Contribuíndo ao empoderamiento das mulleres nos dereitos sexuais e reprodutivos e dunha vida libre de violencia no Occidente de El Salvador”

O proxecto “Contribuíndo ao empoderamiento das mulleres nos dereitos sexuais e reprodutivos e dunha vida libre de violencia no occidente do Salvador”, executado por Las Mélidas en coordinación con Fundación Mujeres e o apoio financeiro da Xunta de Galicia, foi executado nos departamentos de Santa Ana, Ahuachapán e Sonsonate, co obxectivo de empoderar ás mulleres a través de procesos formativos e participación na  elaboración de ferramentas que inciden nunha vida libre de violencia, ademais de sensibilizar a homes novos no respecto dos seus dereitos e de face a iniciar un cambio socialque fomente un trato máis xusto e igualitario para as mulleres.

Esta avaliación  está a cargo de Inés Molinero, quen, a través de grupos focales e entrevistas coas e os participantes do proxecto, poderá coñecer, desde unha perspectiva externa, obxectiva e profesional, se as entidades promotoras han empregado ben os recursos dispoñibles, se se conseguiron os resultados previstos, se se cumpriron os procesos de desenvolvemento do proxecto e cal foi o impacto do mesmo.

Este proceso de avaliación  terá unha duración de oito semanas nas que Molinero visitará a unha  parte das lideresas participantes e terá reunións con representantes das institucións coas que se colaboraron  ao longo do proxecto. Así mesmo, entrevistarase as persoas representantes das entidades promotoras.

Agenda
09
Feb

Curso de Castellano

Fecha fin inscripción: 08-02-2026
Lugar: Asociación Mezquita de la Barquilla


Comunicados y convocatorias