No marco do proxecto “Prevención de la Violencia de Género y mejora de la Salud Sexual y Reproductiva de las mujeres en 10 comunidades de El Viejo, Chinandega (Nicaragua) Fase 2”, cofinanciado por la Xunta de Galicia y ejecutado por APADEIM y Fundación Mujeres, levou a cabo a visita médica á clínica Xóchitl Acalt co obxectivo de dar inicio a recoñecementos xinecolóxicos coas novas beneficiarias do pase en cadea.
Durante esta visita realizouse a primeira atención médica xinecolóxica a 16 mulleres provenientes das 10 comunidades beneficiarias do proxecto. As compañeiras foron atendidas con calidade e sensibilidade.
Motivouse ás mulleres a ser conscientes da importancia do autocuidado e a valorar e responsabilizarse da súa situación médica xinecolóxica, así como animoullas a realizar autoexámenes e a coñecer os seus corpos.
Cabe sinalar que as 16 mulleres provenientes das diferentes comunidades mostráronse moi emocionadas e agradecidas coa atención brindada, tal e como se recolle nos seus comentarios ao saír da consulta: “En los centros de salud no nos tratan así, ahí nos maltratan” “Voy contenta, la doctora es muy amable, me trato muy bien y me explico cosas que yo no sabía” “Yo venía con miedo, porque cuando me hacen ese examen me duele, pero la doctora fue muy delicada”.
Ás mulleres recibíuselles cun refrixerio, garantir o seu xantar e o regreso aos seus fogares.