No concello de culleredo contouse coa colaboración da Asociación de Mulleres «As Berengelas» para levar a cbo os obradoiros formativos previstos en 2018 no marcon do Servizo de Apoio Integral a Coidadoras no Medio Rural, proxecto executado por Fundación Mujeres e cofinanciado pola Deputación da Coruña.
As temáticas traballadas nos meses de outubro e novembro foron hábitos saudables, o autocoidado, a relaxación, a autoestima e a historia de feminismo, co propósito de mellorar a calidade de vida das usuarias. Todos estes contidos serviron para que as usuarias se atopen mellor consigo mesmas física e moralmente. Ademais, creouse un ambiente solidadrio entre elas que deu lugar a que xurdisen redes de apoio.
A importancia destes obradoiros recae en que as usuarias se dediquen tempo para elas mesmas, xa que en moitas ocasións non dispoñen del, á par que lles axuda a saír das súas preocupacións por un rango de tempo. A maioría delas manifestaron o desexo de que se volvan a impartir xa que lles resultou curto o curso.
Como peche de todas estas sesións, o día 26 de novembro leváronse a cabo distintas actividades lúdicas co propósito de desenvolver a creatividade, a autoestima, a comunicación entre elas e a motricidade entre outras habilidades, xa que se realizaron dinámicas onde era necesario o movemento corporal e a relación entre elas.