No marco do proxecto “Prevención da Violencia de Xénero e mellora da Saúde Sexual e Reprodutiva das mulleres en 10 comunidades de El Viejo, Chinandega (Nicaragua) Fase 2” cofinanciado pola Xunta de Galicia e executado por APADEIM e Fundación Mulleres, as mulleres líderes comunitarias compartiron as súas experiencias en relación ó apoio que brindan como facilitadoras comunitarias a mulleres vítimas de violencia. APADEIM aproveitou esta sesión para complementar ese espazo e brindar ás facilitadoras comunitarias apoio emocional e psicolóxico a través do Programa: “Acompañamento Emocional e Psicolóxico”, iniciativa financiada por outro donante, dado que o traballo de atención a mulleres vítimas de violencia as expón ó risco de desgaste e sobrecarga emocional. Ademais, é importante que elas aprendan a identificar e controlar as súas reaccións emocionais para que non as proxecten inconscientemente nas mulleres ás que atenden.
Así mesmo, dicho proceso empodéraas e ofrécelles ferramentas psicosociais para intervir con maior seguridade, eficiencia e de maneira sostida. Ademais, ó verse fortalecidas persoal e tecnicamente, isto traducirase en unha atención máis oportuna e adecuada no manexo das situacións de violencia que coñecen e rexistran no observatorio.
O traballo realizado en esta sesión permitiu que as facilitadoras logren recoñecer o tipo de emociones que lles xeran as distintas situacións vividas durante o acompañamento comunitario a vítimas de violencia e saber actuar sen que elas tamén entren en crisis, senón sabendo manexar o cúmulo de emocións presentes no seu traballo cotián.
É así como APADEIM integra e complementa diferentes proxectos para poñer en marcha accións onde as mulleres poidan gozar de espazos de intercambio de experiencias e refrescamento emocional, como base na ardua tarefa de visibilizar as situacións de violencia que viven as mulleres nas comunidades de El Viejo, e para que estas, á súa vez, rompan o silencio e exerzan o seu dereito a vivir libres de violencia.