Encontro Intercomunitario “Os homes e a paternidade” en El Viejo, Nicaragua.

Encontro Intercomunitario "Os homes e a paternidade" en El Viejo, Nicaragua.

No marco do proxecto “Prevención de la Violencia de Género y mejora de la Salud Sexual y Reproductiva de las mujeres en 10 comunidades de El Viejo, Chinandega (Nicaragua) Fase 2”, cofinanciado pola Xunta de Galicia e executado por APADEIM e Fundación Mujeres, levou a cabo o encontro intercomunitario “Os homes e a paternidade” coa participación de homes das comunidades rurais de El Viejo, Nicaragua.

O obxectivo deste Encontro foi o de visibilizar a responsabilidade paterna, promover a corresponsabilidade dos homes nas tarefas domésticas e reprodutivas, así como fomentar o coidado da súa saúde sexual e reprodutiva. Isto permitiu que os homes puidesen reflexionar sobre a importancia de deconstruir o concepto tradicional do pai como xefe de familia e encargado do ámbito público.

Durante este encontro os participantes expresaron os seus sentimentos e pensamentos sobre o significado de “ser pais”. Reflexionouse sobre a frase Amor de pai, a cal eles definen como o amor que deben ter os homes polos seus fillos e fillas, que debería ir máis aló da responsabilidade económica e incluír tamén o cumprimento das responsabilidades ligadas ao coidado, a protección, a educación e a saúde que, tradicionalmente, foron asignadas como funcións das nais.

Outro aspecto relevante foron os compromisos expresados polos homes como un dos resultados do encontro:“Me comprometo a atender de mejor manera mis obligaciones de padre y esposo”; “Considerar de mayor importancia la responsabilidad que como padre tengo, tomar en cuenta que no solo se trata de engendrar sino también de encarar a la par las mayores dificultades”.

Encontro Intercomunitario “Os homes e a paternidade” en El Viejo, Nicaragua.

Encontro Intercomunitario “Os homes e a paternidade” en El Viejo, Nicaragua.