
Chequeos xinecolóxicos ás mulleres beneficiarias das comunidades en Malpaisillo, León (Nicaragua)
Os pasados 26 e 27 de setembro realizáronse as consultas xinecolóxicas previstas ás mulleres que participan nos proxectos cofinanciados pola Xunta de Galicia, priorizando os casos máis urxentes, da fase I, que necesitaban atención inmediata e incluíndo novas mulleres que participaron na charla xinecolóxica correspondente á fase II.








