“A mocidade da Coruña como axente de prevención da violencia de xénero” é un proxecto formativo que nace coa intención de favorecer a construción de sociedades libres de violencias machistas a partir de accións de sensibilización e formación en materia de prevención de violencia de xénero dirixidas a persoas novas. Unha formación que, partindo dos intereses da poboación nova e os novos modelos de relación da sociedade actual, integra diferentes eixos centrais da prevención da violencia de xénero, incluídas novas formas de violencia de xénero a través de redes sociais -ciberviolencias- e a sensibilización e prevención da violencia sexual, o uso de espazos e o acoso sexual en espazos públicos.