XXIII Edición Curso Creación de Empresa A Coruña

04-10-2018 / Centro Cívico Eirís
XXIII Edición Curso Creación de Empresa A Coruña

No mes de outubro comezamos unha nova edición do curso semipresencial de creación de empresas na Coruña, no marco do proxecto Dana Empleo y Emprendimiento en Igualdad, financiado polo FSE no marco do Programa Operativo POISES. Nesta formación analizaremos a viabilidade das empresas e estudaremos os proxectos desde un punto de vista estratéxico.

Se queres poñer en marcha un proxecto, ou reformular a túa empresa, este curso é para ti!

Esta formación gratuíta inclúe 7 sesións presenciais: Os catro xoves do mes de outubro e tres do mes de novembro en horario de 9:30 a 14:30h. O resto do traballo farémolo nun campus online e con titorías individuais para asesorar a cada proxecto de forma personalizada. Máis info sobre o curso.

O curso rematará o día 20 de decembro cunha xornada de presentación de proxectos no marco dun Encontro networking entre Emrpendedoras e Empresarias.

Unha vez rematado o curso, na Fundación MUJERES apoiámoste para buscar financiamento e poñer en marcha o teu proxecto.

Se estás interesada, consulta as datas e INSCRÍBETE NESTE FORMULARIO.

Porémonos en contacto contigo.

As prazas son limitadas!

Detalles del evento

Fecha de inicio: 04-10-2018

Fecha de fin: 20-12-2018

Fecha de fin de inscripción: 03-10-2018

Lugar: Centro Cívico Eirís

Ciudad: A Coruña