Obradoiro “Coñécete para emprender” en A Coruña

28-09-2017 / Centro Cívico Eirís

Pensando en emprender? Tes unha idea de negocio? Queres averiguar as túas capacidades como emprendedora e facer unha primeira análise sobre a viabilidade de crear a túa empresa?

Os días 14 e 15 de setembro, en horario de 9.30 a 13.30h, terá lugar o obradoiro «Coñécete para emprender». Nestes dous días traballaremos as habilidades persoais de cara ao emprendemento, e veremos os primeiros pasos para analizar o perfil emprendedor e a viabilidade dunha idea de negocio. Faremos tamén unha entrevista individual con cada unha das asistentes de cara a coñecer a súa idea e as necesidades particulares de asesoramento.

Teremos unha segunda edición deste obradoiro os días 28 e 29 de setembro, no mesmo horario.

Aquelas interesadas en elaborar o seu plan de negocio, poderán facer a continuación o curso de creación de empresas que comeza en outubro.

Se estás interesada en asistir, inscríbete xa aquí! É unha formación gratuita!

Para máis información, podes chamar á delegación de Galicia da Fundación Mujeres: 981294097, ou enviar un correo electrónico a asesoriagalicia@fundacionmujeres.es

Detalles del evento

Fecha de inicio: 28-09-2017

Fecha de fin: 29-09-2017

Lugar: Centro Cívico Eirís

Ciudad: A Coruña