Inicio > Eventos > XXI edición Curso Creación Empresas A Coruña
Ago
02
2017
XXI edición Curso Creación Empresas A Coruña
Formación
Tipo de Evento: Interno
Lugar: Centro Cívico Eirís
Dirección: Rúa Terranova de Eirís, 7
Ciudad: A Coruña
Fechas: 03/10 / 19/12
Horas: 09:00 / 14:00
Convoca: Fundación Mujeres - Delegación A Coruña

No mes de outubro comezamos unha nova edición do curso semipresencial de creación de empresas na Coruña. Nesta formación analizaremos a viabilidade das empresas e estudaremos os proxectos desde un punto de vista estratéxico.

 

Se queres poñer en marcha un proxecto, ou reformular a túa empresa, este curso é para ti.

Esta formación gratuíta inclúe 7 sesións presenciais: 4 días no mes de outubro e 3 días no mes de novembro, en horario de 9 a 14h. O resto do traballo farémolo nun campus online e con titorías individuais para asesorar a cada proxecto de forma personalizada. Máis info sobre o curso.

Unha vez rematado o curso, na Fundación MUJERES apoiámoste para buscar financiamento e poñer en marcha o teu proxecto.

Se estás interesada, consulta as datas e INSCRÍBETE neste formulario. Poñerémonos en contacto contigo.

 

As prazas son limitadas!