O vindeiro 23 de xaneiro comeza unha nova edición do programa DANA: emprego e emprendemento en igualdade, dirixido a tódalas mulleres interesadas en mellorar as súas competencias para o emprego.
O programa divídese en cinco módulos, catro deles presenciais e un online. A formación presencial realizarase en horario de 10 a 13h. A primeira edición comeza o día 23 de xaneiro e remata o 15 de febreiro. Os módulos 1 e 2 impartiranse no Centro Cívico de Eirís. Os módulos 3 e 4 impartiranse na Aula de Informática da Biblioteca do Forum Metropolitano A Coruña. O día 15 de febreiro comeza a primeira edición da formación online.
Podes descargar o calendario da formación presencial programada.
Se estás interesada ou coñeces a algunha muller que consideres lle poda ser de utilidade, non dubides en contactar connosco:
galicia@fundacionmujeres.es Telf.: 981 29 40 97 663 20 23 80