O Servizo de Apoio Integral a Mulleres Coidadoras (SAIC) é un proxecto de carácter innovador, financiado pola Xunta de Galicia, cuia finalidade é mellorar e favorecer a saúde e a calidade de vida das coidadoras, excoidadoras ou potenciais coidadoras de persoas con diversidade funcional, no ámbito familiar, fomentando a súa participación en actividades de autocoidado e de participación social, así como o exercicio dunha cidadanía activa. Trátase dun programa de continuidade, iniciado en 2011, que pretende complementar os servizos xa existentes no ámbito da dependencia, ofrecendo actuacións de: información e asesoramento individualizado, talleres formativos e outras actividades grupais para as participantes.