Servizo de Apoio Integral ás Mulleres Coidadoras no municipio da Coruña 2025

O Servizo de Apoio Integral a Mulleres Coidadoras no municipio da Coruña (SAIC) é un proxecto integrador, financiado polo Concello da Coruña, que ven a complementar os recursos xa existentes para fomentar o empoderamento persoal e o autocoidado nas mulleres, a súa participación social e a súa cidadanía activa. Con este Servizo preténdese mellorar e favorecer a saúde e a calidade de vida das coidadoras de familiares con diversidade funcional a través de: información e asesoramento individualizado, talleres e outras actividades grupais para as participantes e, no seu caso, accións de sensibilización coa poboación en xeral. 

Objetivos del proyecto:

Obxectivo xeral: Favorecer os procesos de empoderamento persoal das mulleres coidadoras para lograr a súa participación social e laboral, así como o exercicio dos seus dereitos e dunha cidadanía activa.  

Obxectivos específicos: 

  • Proporcionar ás mulleres información ou asesoramento sobre o Servizo, sobre aspectos relacionados cos coidados, autocoidado, participación social ou laboral, corresponsabilidade, así coma recursos de apoio do territorio en función das súas necesidades concretas. 
  • Acompañar ás mulleres durante todo o seu proceso de empoderamento e activación. 
  • Formar ás mulleres para o seu empoderamento e activación proporcionándolles elementos e estratexias útiles para o desenvolvemento das súas competencias. 
  • Reforzar o seu proceso de empoderamento e activación a través de espazos de participación e encontro. 

Población destinataria:

Mujeres cuidadoras informales de personas dependientes
Web del proyecto: https://cuidadanas.es/
Ficha técnica

Ámbito geográfico:

Local

Ámbito territorial:

Inicio del proyecto:

01/01/2025

Fin del proyecto:

31/12/2025

Contribución a los ODS:

Entidades financiadoras: