Servizo de Apoio Integral a Mulleres Coidadoras (SAIC) 2026

O Servizo de Apoio Integral a Mulleres Coidadoras (SAIC) é un proxecto financiado pola Xunta de Galicia, cuia finalidade é mellorar e favorecer a saúde e a calidade de vida das coidadoras, excoidadoras ou potenciais coidadoras de persoas con diversidade funcional, no ámbito familiar, fomentando a súa participación en actividades de autocoidado e de participación social, así como o exercicio dunha cidadanía activa. Trátase dun programa de continuidade, iniciado en 2011, que pretende complementar os servizos xa existentes no ámbito da dependencia, ofrecendo actuacións de información e asesoramento individualizado, talleres formativos e outras actividades grupais para as participantes.

Objetivos del proyecto:

Obxectivo xeral: Favorecer os procesos de empoderamento persoal das mulleres coidadoras para lograr a súa participación social e laboral, así como o exercicio dos seus dereitos e dunha cidadanía activa. Obxectivos específicos:
  • Proporcionar ás mulleres información ou asesoramento sobre o Servizo, sobre aspectos relacionados cos coidados, autocoidado, participación social ou laboral, corresponsabilidade, así coma recursos de apoio do territorio en función das súas necesidades concretas.
  • Acompañar ás mulleres durante todo o seu proceso de empoderamento e activación.
  • Formar ás mulleres para o seu empoderamento e activación proporcionándolles elementos e estratexias útiles para o desenvolvemento do seu proxecto vital.
  • Reforzar o seu proceso de empoderamento e activación a través de espazos de participación e encontro.

Población destinataria:

Mujeres y Mujeres cuidadoras informales de personas dependientes
Ficha técnica

Ámbito geográfico:

Autonómico

Ámbito territorial:

Galicia Ferrol, Ortigueira, Ourense

Inicio del proyecto:

01/01/2026

Fin del proyecto:

31/12/2026

Contribución a los ODS:

Entidades financiadoras: