O proxecto de Actívate Buscando Emprego 2022 desenvolve itinerarios personalizados de inserción sociolaboral, adaptados e personalizados en función das necesidades das mulleres destinatarias. Trátase dun programa financiado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia que pretende achegar os recursos sociolaborais e as competencias dixitais para a procura de emprego.