A Consellería de Economía e Industria mantén aberta, a través do Igape, a segunda convocatoria de diagnósticos integrais e servizos avanzados apara a facilitar mellora da competitividade das pemes galegas. A convocatoria, a través do Programa Re-Acciona, refírese a unha oferta de máis de 300 diagnósticos integrais e servicios avanzados para a mellora da competitividade empresarial das pemes galegas.
Para achegar información práctica sobre o potencial destes servizos, así como o exemplo de empresas que xa se acolleron a eles, o Igape organiza dúas xornadas técnicas que se desenvolveran na Coruña e Vigo, hoxe, día 23 e mañá 24 de outubro.
Programa e inscrición para estas xornadas
O prazo para solicitar os diagnósticos e servizos avanzados da nova convocatoria remata o próximo 26 de outubro.
Como resposta ás solicitudes prersentadas ao amparo da primeira convocatoria do ReAcciona, na actualidade o Igape está a coordinar a implantación de servizos avanzados de mellora da competitividade en preto dun cento de empresas, e están realizados ou en fase de realización medio cento de diagnósticos de competitividade gratuítos para as pemes que os solicitaron.
Máis información: 902 300 903