Unha vez mais, reunímonos para compartir experiencias no Centro Municipal de Empresas ACCEDE Papagio da Coruña.
Nesta ocasión, o tema en torno ao cal xira o XIX Encontro de Emprendedoras e Empresarias é a Economía Social.
Esta xornada está financiado polo Ministerio de Trabajo, Migraciones y Seguridad Social e Fondo Social Europeo, dentro do programa «Dana. Empleo y Emprendimiento en Igualdad«
Contaremos coa participación de entidades relevantes no campo da Economía Social. Explicarannos cales son os retos marcados na axenda 2030. E intervirán empresas referentes que traballan en distintos campos, desde o ensino á reciclaxe ou a moda.
O programa ten os seguintes contidos:
- Inauguración.
- Mesa institucional e introdución temática EMPRESA SOCIAL
- Panel de emprendedoras de Fundación Mujeres (alumnas do CCE)
- A miña empresa nun minuto (Empresarias que desexen compartir os seus proxectos con nós, salientando o enfoque social do proxecto)
- Descanso
- Panel de Empresarias: Mulleres Empoderadas e Economía Social
- Espellos nos que mirarnos. Empresarias Sociais e boas prácticas.
- Clausura
Participa: Mais información e inscrición
Vémonos alí!