O 18 de xaneiro levou a cabo unha reunión entre o equipo técnico de Fundación Humana Pobo a Pobo – Ecuador, o Directorio da Corporación Pushak Kawsay e José Emilio Tovar, o Xerente técnico da Empresa Terrafertil, co obxectivo de realizar un primeiro achegamento ás instalacións da empresa e coñecer o proceso de produción e transformación dos seus produtos. Esta reunión desenvolveuse grazas ás sinerxias establecidas no marco do proxecto Kuri Muru: Promovendo o desenvolvemento socio económico do cantón de Ambato, Tungurahua, baixo un enfoque de xénero, Fase 2 cofinanciado pola Xunta de Galicia e desenvolvido por Fundación Humana en colaboración con Fundación Mujeres.
Durante a reunión, A Ing. Daniela Montalvo, realizou unha introdución do traballo que desenvolve Fundación Humana coas produtoras da provincia de Tungurahua, parroquia de Quisapincha e presentou á comitiva conformada por Nancy Carrillo, a presidenta da Corporación, e Martha Quispe, da comisión de comercialización. Carrillo explicou o proceso de produción de uvilla que desenvolve a corporación, a súa estrutura organizativa e a intención que teñen de comercializar uvilla.
O Xerente técnico de Terrafertil presentou as especificacións técnicas e requisitos para que a corporación sexa unha provedora certificada de uvilla. Ademais, explicoulles a importancia de parte socio-organizativa para que os procesos resulten exitosos e recalcou a necesidade de introducir un produto orgánico. Tamén lles informou de que a empresa pode receptar produtos como: fabas, arvejas, frejol, froitos secos. Por último, realizaron un percorrido aos invernadoiros da empresa para coñecer a produción de plántulas de uvilla e os cultivos de uvilla.