A mediados do mes de xuño daba comezo o proxecto “Igualdade, Interculturalidade e Convivencia en A Coruña”, executado por Fundación Mujeres e cofinanciado pola Concellería de Igualdade do Concello de A Coruña, que ten por obxectivo favorecer a igualdade de xénero e a interculturalidade como requisito para lograr sociedades xustas, pacíficas e inclusivas.
Tras os primeiros meses adicados o deseño das metodoloxías e materiais a empregar, retomamos o contacto cos centros educativos tras as vacacións estivais para calendarizar e dar comezo ca impartición dos obradoiros. Estes talleres, que se realizarán no último trimestre do ano, terán lugar nos IES Agra do Orzán e Elviña e nos CEIP San Pedro de Visma e Cidade Vella.
Este proxecto enmárcase dentro da estratexia de Fundación Mujeres en Educación para o Desenvolvemento ou Educación para a Transformación Social. Na mesma, recoñécese a necesidade de contribuír á xeración dunha conciencia crítica na poboación de Galicia, especialmente a máis nova, que permita cuestionar as desigualdades sociais que se dan na nosa sociedade, baixo a premisa de seguir incidindo na igualdade entre homes e mulleres. Porén, se se quere que a igualdade de xénero e o acceso a dereitos sexa para todas as mulleres, é imprescindible traballar desde unha perspectiva integradora onde se crucen outros eixos de opresión, como a clase social, a etnia ou a orixe.
Neste momento as nosas sociedades caracterízanse pola súa diversidade social, con todo mantéñense as desigualdades asociadas a esa diversidade. Por iso faise imprescindible traballar para que a interculturalidade sexa posible e a convivencia sexa unha realidade porque as relacións sexan igualitarias.