O Servizo de Apoio integral a Cuidadanas, dirixido a mulleres coidadoras de persoas en situación de dependencia no entorno familiar, ten como obxectivo favorecer o exercicio dos dereitos das mulleres e dunha cidadanía activa, a través do seu empoderamento persoal e a súa activación social e laboral.
Desde Fundación Mujeres queremos compartir os resultados que se obtiveron durante o ano 2024, durante o cal levaronse a cabo accións de acompañamento e de formación sobre aspectos relacionados con todo o que traballamos no Servizo: os coidados e as coidadoras, o autocoidado, a participación social e laboral, a corresponsabilidade ou os recursos do territorio, entre outros.
Durante o 2024, e grazas ao apoio financeiro recibido por parte do Ministerio de Derechos Sociales y Agenda 2030,da Deputación da Coruña e dos Concellos de Bergondo e da Coruña puidéronse desenvolver as actuacións do Servizo nas que participaron mulleres de 9 municipios da provincia de A Coruña.
Ao longo de 2024 atendéronse a 253 mulleres das cales, 224 desenvolveron os seus itinerarios de activación, participando en varias das accións do Servizo. En total, 251 mulleres recibiron acompañamento individualizado durante o seu proceso de empoderamento e activación para que puidesen alcanzar os obxectivos expostos no seu Plan de Acción, atendendo ás súas circunstancias e dificultades particulares. Así mesmo, leváronse a cabo 88 talleres e 18 Espazos de participación (ESPA).
No documento adxunto pódese acceder a información máis detallada sobre os resultados obtidos durante o ano 2024.
En 2025 continuaremos co Servizo de Apoio Integral a Cuidadanas na comunidade autónoma de Galicia de cara a seguir fomentando o empoderamento persoal e a activación social e laboral das mulleres que, como consecuencia dos coidados, teñan abandonado ou relegado a un segundo plano o seu proxecto vital.
Se queres informarte ou coñecer as actividades que temos programadas podes consultar a nosa axenda ou chamar ao 981 294 097 (ext. 6006).