Con motivo da sementa realizouse un evento no que participou o Municipio de Ambato realizando a entrega de 50 gavetas plásticas para a recolección da uvilla. Ademais, estiveron presentes representantes do GAD Provincial de Tungurahua, quen lembrou o compromiso adquirido coa firma dun convenio específico para o proxecto, o GAD Parroquial de Quisapincha, quen se comprometeron en colaborar con materiais para seméntaa da uvilla e o INIAP, con quen se iniciou as conversacións para a colaboración.
Ao evento asistiron aproximadamente unhas 70 persoas da comunidade, participantes do proxecto “Fomentando as iniciativas produtivas con valor agregado para a redución da pobreza e exclusión das mulleres da Parroquia de Quisapincha, Tungurahua” cofinanciado pola Xunta de Galicia e executado por Fundación Humana Pueblo a Pueblo – Ecuador en colaboración con Fundación Mujeres. Entre elas está Dna. Carmen Chadán, a dona do terreo onde se realizou a primeira sementa e que é unha das produtoras que máis experiencia ten na elaboración de abonos orgánicos como compost, biol, té de froitas e caldo bordelés para a desinfección, así como tamén a elaboración de praguicidas para desinfección do chan. Sementáronse as plántulas de uvilla e degustáronse produtos con valor agregado como xeado de uvilla, marmelada de uvilla e uvillas deshidratadas, produtos que poderían ser elaborados a futuro pola comunidade.
Máis de 190 persoas asistiron ás réplicas dos talleres de Boas Prácticas Agrícolas (BPAs) que ofrece a Fundación Humana Pueblo a Pueblo-Ecuador no marco do proxecto, a través da consultoría realizada pola enxeñeira Elena Quinga.
Doutra banda, están a ultimarse os detalles para iniciar os talleres de empoderamiento de lideresas, que serán impartidos por persoal técnico da Asociación Paz e Desenvolvemento. Para iso, coordinouse co GAD Parroquial a cesión do auditorio para a impartición do primeiro taller.