No marco do proxecto “Prevención de la Violencia de Género y mejora de la Salud Sexual y Reproductiva de las mujeres en 10 comunidades de El Viejo, Chinandega (Nicaragua) FASE I”, cofinanciado pola Xunta de Galicia e executado por APADEIM e Fundación Mujeres, levou a cabo reunión para elaboración de carta dirixida ao Ministerio de Saúde na que participaron: un representante dos Bombeiros Federados do Vello, un representante da organización amigos de Holanda, dous representantes de APADEIM e catro mulleres que son ligazóns comunitarias.
Durante esta reunión realizáronse acordos e propuxeron suxestións para a elaboración da carta. Elaborouse o documento onde se lles convida, aos representantes do Ministerio de Saúde, a tomar parte activa no observatorio de violencia que se está executando no municipio. Ademais reflíctese a problemática das atencións que as mulleres están a recibir nos postos de saúde, e a situación médica xinecolóxica de gravidade que se logrou identificar, convidándolles a unir esforzos para a mellora nestas cuestións.
Acordouse enviar o documento elaborado vía correo electrónico ás demais organizacións que non estiveron presentes, para que este fóra validado e posteriormente asinado e selado e así, proceder coa entrega. Para a elaboración deste documento foi fundamental a participación das ligazóns das comunidades, dado que a redacción elaborouse escoitando as súas vivencias en relación co sistema de saúde.
Algúns das mensaxes que se lograron identificar durante a sesión foi:
“El unirnos como sociedad civil, acompañar los procesos de los y las comunitarias hará que las demandas sean más escuchadas “(Jefe de los Bomberos)
“Nosotras en las comunidades necesitamos mejor atención médica para no morirnos”
“Nos falta dejar el miedo, sé que la sociedad civil está siendo mal vista por el estado, pero al final estamos demandando nuestros derechos “.