Fundación Mujeres, co apoio financeiro da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia no marco da convocatoria de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% del IRPF, levou a cabo un ano máis o Servizo de Apoio Integral ás Mulleres Coidadoras, un proxecto co que se pretende favorecer o exercicio dos dereitos das mulleres e dunha cidadanía activa, a través do seu empoderamento persoal e a súa activación social e laboral.
Este continuamos desenvolvendo a nosa intervención en tres das provincias da comunidade autónoma de Galicia: A Coruña, Lugo e Pontevedra, podendo así chegar e dar unha atención de calidade a mais mulleres coidadoras que están nunha situación de especial vulnerabilidade, froito das propias características e consecuencias que teñen os coidados, moito mais se cabe a raíz da situación de crise sanitaria dos últimos dous anos.
Gustaríanos agradecer expresamente ás 60 mulleres que participaron nos obradoiros, as cales manifestaron a súa satisfacción co Servizo mediante as enquisas de valoración. Nestas enquisas podemos ver que se conseguiron cumprir as expectativas e os obxectivos marcados para o desenvolvemento do programa, sendo alguna das valoracións recollidas as seguintes:
- “Mis felicitaciones por el planteamiento de estos talleres tan necesarios para las cuidadoras”.
- “Que as sesións duren mais tempo e mais dias”.
- “Volver a repetir el próximo año porque son muy interesantes”.
- “Oxalá coñecese esta entidade antes. Servíronme de moito”.
- «Os meus parabéns polo plantexamentos destes talleres tan necesarios para as coidadoras de persoas con diversidade funcional”.
Cómpre salientar novamente o reclamo por parte das participantes da continuidade do Servizo, demandando unha maior duración do mesmo no tempo.
Por último, agradecer tamén ao persoal técnico dos concellos e ao tecido asociativo que colaborou con Fundación Mujeres na posta en marcha do programa deste ano e esperamos poder seguir contando con vos o ano que ben.