Fundación Mujeres, co apoio financeiro da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia no marco da convocatoria de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% del IRPF, levou a cabo un ano máis o Servizo de Apoio Integral ás Mulleres Coidadoras, un proxecto que nos permite mellorar a súa saúde e calidade de vida, fomentando a súa participación en actividades de autocoidado e de participación social, así como o exercicio dunha cidadanía activa.
As actividades tiveron maioritariamente carácter presencial, exceptuando algunhas realizadas durante o primeiro semestre debido as recomendaciones e restriccións establecidas por mor da COVID-19.
Este ano ampliamos o noso ámbito de intervención a tres das provincias da comunidade autónoma de Galicia: A Coruña, Lugo e Pontevedra, podendo así chegar e dar unha atención de calidade a mais mulleres coidadoras que están nunha situación de especial vulnerabilidade, froito das propias características e consecuencias que teñen os coidados, moito mais se cabe este ano a raíz da situación de crise sanitaria que estamos a vivir.
Gustaríanos agradecer expresamente ás mulleres que participaron nos obradoiros que manifestaron a súa satisfacción no Programa mediante as enquisas de valoración. Nestas enquisas podemos ver que se conseguiron cumprir as expectativas e os obxectivos marcados para o desenvolvemento do programa, sendo alguna das valoracións recollidas as seguintes:
- “Que se sigan realizando más actividades que nos incentivan en estos tiempos de tanto encierro”.
- “Son temáticas tan importantes que la duración debería ser mayor”.
- “Serviume de reflexión sobre alguns aspectos da miña vida que me fan daño”.
- “Me gustaría más cursos Me ayudaron a ver las cosas de otra manera, a comprendernos más y a ayudar a las personas que cuidamos. Gracias de verdad».
- «Los contenidos fueron muy interesantes, estoy contentísima y deberíamos de tener más talleres como estos».
Cómpre salientar novamente o reclamo por parte das participantes da continuidade do Servizo, demandando unha maior duración do mesmo no tempo.
Por último, agradecer tamén ao persoal técnico dos concellos e ao tecido asociativo que colaborou con Fundación Mujeres na posta en marcha do programa deste ano e esperamos poder seguir contando con vos o ano que ben.