O pasado 12 de decembro finalizaron os talleres de educación para o desenvolvemento, coa impartición en catro aulas de 4º da ESO no CE Liceo A Paz en A Coruña. Estos talleres estaban enmarcados no proxecto “Unha mirada a África: Mulleres e desenvolvemento”, executado por Fundación Mujeres e cofinanciado pola Deputación da Coruña.
Moitas foron as aportacións do alumnado e do persoal docente que participaron ao longo destes meses nos talleres, fomentando a reflexión individual e colectiva que permitirá construír unha sociedade máis igualitaria. Todo isto foi posible a través da narración de historias das diversas realidades existentes que permiten ver un escenario non sesgado por razón de sexo.
O éxito destes talleres reflíctese na participación dun total de 173 alumnos e alumnas e 15 docentes dos centros educativos IES Hogar de Santa Margarita e CE Liceo A Paz da Coruña, quenes se involucraron activamente nas propostas de actividades do proxecto que, segundo o compromiso de flexibilidade e dinamismo da metodoloxía proposta, respondeu en todo momento ao principio de obter un feed-back continuo sobre a percepción que o alumnado nos podía transmitir sobre os contidos tratados e o que desde a Fundación Mujeres podíamos aportar.
Algunhas das valoracións do alumnado sobre os talleres recibidos foron as seguintes:
- “O taller é moi didáctico. Fíxoseme moi corto”.
- “O que máis me gustou foron os vídeos reflexando a vida das persoas noutras condiciones”.
- “O que máis me gustou do taller foi ver os vídeos que nos ensinou a monitora e despois comentar sobre que nos parecía, o que pasaba en cada un deles”.
- “O que máis me gustou foron os vídeos e os debates, ademais a intervención da monitora axudou moito. Non hai nada que non me gustara porque considero que isto é moi necesario para nós (a xuventude de hoxe en día)”.
- “O que máis me gustou foi ver os vídeos e coñecer a situación dos países nos que non vivimos.”
Gustaríanos agradecer ao profesorado e alumnado tanto do CE Liceo A Paz como do Hogar Santa Margarita, a súa acollida e participación no proxecto, así como a Deputación da Coruña polo seu apoio no financiamento do mesmo.