Reflexionando entre homes sobre “O machismo e o amor”

Reflexionando entre homes sobre "O machismo e o amor"

Ao longo do mes de xullo desenvolvéronse os obradoiros sobre «O Machismo e o amor», con 25 homes provenientes de 3 comunidades rurais de El Viejo, Nicaragua. Esta iniciativa desenvolvese no marco do proxecto «Prevención de la Violencia de Género y mejora de la Salud Sexual e Reproductiva de las mujeres en 10 comunidades de El Viejo, Chinandega (Nicaragua)«, cofinanciado pola Xunta de Galicia e promovido por APADEIM e Fundación Mujeres.

O obradoiro «O Machismo e o amor» céntrase en reflexionar sobre a influencia do machismo nas relacións amorosas, o cal permitiu que eles analicen como definen o amor, e sexan conscientes dos seus comportamentos e actitudes nas súas experiencias amorosas. É dicir, como actuaron coa outra persoa ante ese sentimento e que esperaban ou esixían delas.

Ademais, identificaron aquelas mensaxes recibidas na familia, comunidade e medios de comunicación, sobre a forma en que deben de expresar o seu amor pola parella, analizando as súas limitacións. Tamén se analizaron algunhas das diferenzas entre roles asignados aos homes e mulleres, facendo énfase no respecto e a non violencia que deben pór en práctica no momento de establecer ou manter unha relación amorosa.

Este taller, o último do Módulo 1: Os homes e a sexualidade, está previsto impartilo a 70 homes máis, nas 7 comunidades restantes.