Ao longo do mes de Xuño 2015, desenvolvéronse 6 obradoiros sobre «La sexualidad (mitos y creencias)» con 50 homes, provenientes de 6 comunidades rurais de El Viejo, no marco do proxecto “Prevención de la Violencia de Género y mejora de la Salud Sexual y Reproductiva de las mujeres en 10 comunidades de El Viejo, Chinandega (Nicaragua)”, cofinanciado pola Xunta de Galicia e impulsado por APADEIM e Fundación Mujeres.
Neste primeiro módulo do curso «Masculinidades y salud sexual y reproductiva», o obxectivo é reflexionar sobre a construción social da sexualidade nos homes, baseada nos mitos e crenzas, o cal permitiu que eles analicen as mensaxes diferenciadas que se dan a homes e mulleres en relación coa maneira de como deben vivir a súa sexualidade, de acordo aos mandatos sociais. Neste taller, ponse o foco no proceso de socialización que recibiron desde a infancia e que inflúe nas relacións establecidas en con as mulleres da súa contorna.
Así mesmo, tamén identificaron algunhas das súas implicacións como a falta de coidado da propia saúde, a prevención das ITS e VIH e mesmo a violencia cara ás mulleres. Este proceso busca promover cambios nas actitudes e comportamentos sobre a maneira en que os homes viven a sexualidade, fomentando o respecto e a responsabilidade.