Durante os meses de agosto a decembro, deselvolveremos o Programa DANA: Emprego e Empredemento en Igualdade. Realizaranse obradoiros presenciais e titorizacións individuais co obxectivo de traballar as habilidades sociais e competencias para a empregabilidade por conta propia e allea, coñecer os recursos para a mellora da incorporación ao mercado laboral e traballar as competencias dixitais.
Os obradoiros dividiranse en cinco módulos, dos que haberá varias edicións:
EDICION III: Inicio 2 de outubro
- Módulo 1:Habilidades e competencias para o emprego
- Módulo 2: Habilidades e competencias para o autoemprego
- Módulo 3:Competencias dixitais para o emprego
- Módulo 4:Habilidades e competencias básicas para o emprego e o autoemprego
- Módulo 5: Formación para a procura de emprego online.
Se estás interesada ou coñeces a alguén que consideres lle poda ser de utilidade, non dubides en contactar connosco a través do mail galicia@fundacionmujeres.es e os telfs.: 981 29 40 97 / 660355831.
O proxecto DANA está cofinanciado polo Concello da Coruña e o Fondo Social Europeo, no marco do Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social (POISES).