Programa para o emprego e o emprendemento de mulleres en situación de especial vulnerabilidade

O emprego é un factor decisivo na igualdade real de oportunidades entre mulleres e homes. O marco normativo e político vixente reforza a necesidade dun tipo de intervención específica debido o contexto social e as particularidades dos grupos de persoas os que afecta un risco de exclusión.

O programa de orientación laboral preséntase como un apoio  a intervención con mulleres con especiais dificultades de inserción socio laboral, mulleres que ven dificultada a su incorporación o mercado laboral debido a que en moitos casos carécese de estructuras que as apoien para acadar a sua autonomía, principalmente por problemas relacionados coa asunción de tarefas reproductivas, a supeditación do rol de cuidadoras y o desenrolo profesional , o que provoca unha marcada segregación de emprego por sexos e unha maior presencia  de mulleres en empregos precarios e de inferior remuneración.

Neste contexto o itinerario establécese de maneira personalizada para cada unha das mulleres adaptándose así as particularidades e necesidades de cada unha de elas, dende un enfoque integral, que non só ten en conta o aspecto laboral, se non tamén aspectos persoais, sociais, de orixen e de xénero. Outro punto fundamental é incidir na mellora de competencias laborais e personais de maneira transversal. Trátratase de facilitar a toma de decisións, a autonomía persoal, poñer en valor as suas aptitudes e actitudes co fin de incrementar o seu autocoñecemento, motivación e autoestima, determinantes para conseguir o seu obxectivo profesional.

Buscando chegar a todas as personas interesadas, poñemos en marcha as formacións presenciais e gratuitas de «Habilidades e competencias para o emprego» dende finais de xullo ate setembro de 2017, realizando cinco edicións:

Edición I: Inicio 26 Xullo

Edición II: Inicio 3 Agosto

Edición III: Inicio 29 Agosto

Edición IV: Inicio 6 Setembro

Edición V: Inicio 20 Setembro

Para máis información e inscripcións vía mail: galicia@fundacionmujeres.es e/ou vía teléfono: 981 29 40 97.

Este proxecto este proxecto está financiado polo  Fondo Social Europezo e o a Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.