Durante o mes de novembro, no marco do proxecto «Prevención de la Violencia de Género y mejora de la Salud Sexual y Reproductiva de las mujeres en 10 comunidades de El Viejo, Chinandega (Nicaragua)» cofinanciado pola Xunta Galicia e promovido por APADEIM e Fundación Mujeres, estamos a tomar o pulso da situación real das mulleres nicaraguana fronte ao acceso á xustiza. Mentres os documentos oficiais apuntan excelentes resultados de avaliacións sobre os compromisos para mellorar a situación das mulleres, continua sendo alarmante o número de femicidios que ocorren en Nicaragua, 51 contabilizados a día de hoxe, dos cales, 5 ocorreron no primeiros once días do mes de Novembro.
De cara a visibilizar esta situación en Nicaragua, diferentes organizacións de mulleres están a organizarse, de maneira articulada, para demandar maior seguridade e respecto pola vida das mulleres. Desde APADEIM, a través do Observatorio da Violencia reuniranse, por segunda vez no marco do proxecto, coas mulleres das comunidades e o funcionariado para analizar os datos recolleitos e poder articular accións de prevención. Así mesmo, aproveitarase a ocasión para organizarse de cara á xornada de celebración do 25 de novembro, Día internacional de loita contra a violencia cara ás mulleres, na que se realizará unha mobilización pública con homes e mulleres das comunidades rurais de El Viejo.
Como informamos noutras noticias, APADEIM informa que a policía non presta a atención necesaria ás denuncias das mulleres, por tanto, a nivel local, no marco do proxecto, vaise a demandar respecto ás mulleres e presión pública para a toma da denuncia na institución competente. A lema segue sendo: «A violencia contra as mulleres é un delito HAI QUE ACABAR COA IMPUNIDADE. Defendendo os nosos territorios, Corpo e Terra».
Doutra banda, e a pesar da violación das leis na mala atención ás mulleres, estas espertaron maior conciencia sobre os seus dereitos e cada vez é maior o número de denuncias sobre pensións de alimentos a favor dos e as menores. Nesta semana, déronse tres acompañamentos a mulleres de Chorrera, La Picota e Buena Vista para realizar o seu proceso administrativo en defensa dos dereitos das súas fillas e fillos ante o Ministerio de Familia de El Viejo.