Encontro Intercomunitario “Os meus Dereitos na Maternidade”

Encontro Intercomunitario “Os meus Dereitos na Maternidade”

O pasado xoves, 13  de outubro, no marco do proxecto «Prevención de la Violencia de Genero y mejora de la Salud Sexual y Reproductiva de las   mujeres en 10  comunidades de El Viejo, Chinandega, ( Nicaragua) Fase I«, cofinanciado por la Xunta de Galicia y ejecutado por APADEIM y Fundación Mujeres, desenvolveuse o Encontro Intercomunitario “Os meus dereitos na Maternidade”,  no que participaron un total de 55 mulleres.

Despois de dar a benvida as participantes, abordáronse diferentes cuestións en relación ao tema dos dereitos na maternidade, facendo una posta en común sobre: Qué son os dereitos sexuais e que son os dereitos sexuais e reprodutivos? E ¿Qué relación vemos entre estos dous dereitos e a maternidade?

Culturalmente concíbese a maternidade como unha tradición que reforza o rol materno de sumisión, valentía no parto e premio pola labor dos cuidados das fillas e os fillos. No encontro reflexionouse sobre como a sociedade ve normal o embarazo na adolescencia e como nos medios se promove unha nai mais xoven sen importar o risco biopsicosocial que implica un embarazo para a vida dunha menor e a falta de oportunidades para planear o seu futuro e o do seu fillo.

Posteriormente realizouse un visionado da Película Zumbi e una posta en común para identificar os dereitos violentados da muller e qué aspectos da maternidade se reflexan na película. Ademáis, reflexionase conxuntamente sobre que din os medios de comunicación cando unha muller é asasinada ou é victima dunha agresión física ou sexual, que mensaxes nos deixan as telenovelas, anuncios publicitarios e as cancións sobre o que representa ser muller ou os abortos.

Por último, fíxose unha reflexión final de cara a reforzar a idea de que as mulleres comos suxeitos de dereitos, que non se debe ver a muller como a máis sacrificada, a que asume todas as responsabilidades e que o estado ten responsabilidades coas mulleres na creación de políticas Públicas para recibir unha atención en saúde sexual e reprodutiva de calidade, acceso a métodos de planificación familiar e tamén na disminución da mortalidade materna e infantil.