O pasado día 2 de xuño deron comezo os obradoiros «Masculinidades y salud sexual y reprodutiva» cos homes beneficiarios do proxecto «Prevención de la Violencia de Género y mejora de la Salud Sexual y Reproductiva de las mujeres en 10 comunidades de El Viejo, Chinandega (Nicaragua)» cofinanciado pola Xunta de Galicia e promovido por APADEIM e Fundación Mujeres. Todos os participantes, son familiares (esposos, compañeiros, irmáns, tíos, fillos, pais, sogros, cuñados) das mulleres beneficiarias do proxecto.
Estes obradoiros teñen como obxectivo promover nos homes prácticas máis respectuosas cos dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres, así como o exercicio dunha sexualidade responsable.
Ao longo dos 4 módulos que conforman estes talleres abordaranse contidos sobre crenzas e prácticas sobre á sexualidade facendo especial fincapé na saúde sexual e reprodutiva das mulleres, de maneira que os participantes realicen cambios e asuman condutas responsables de respecto e valorización da saúde e integridade física e emocional das mulleres.
Na primeira sesión, os participantes mostraron interese e boa disposición para integrarse no proceso, a condición de que se adaptase á súa dispoñibilidade horaria. En canto aos contidos que se abordan, os participantes manifestaron directa ou indirectamente certos temores relacionados con este proceso e os cambios que podía supor.
Estes talleres desenvolveranse nas 10 comunidades rurais de El Viejo: El Manguito, Aurelio Carrasco, El Congo, La Curva, El Pedregal, Buena Vista, Las Chinas, Los Playones, Pueblo Nuevo e Mata de Cacao.